Nadal gaña o Open de Australia e fai historia


Rafael Nadal converteuse no primeiro xogador da historia en lograr 21 títulos do Grand Slam tras vencer na final do Aberto de Australia ao ruso Daniil Medvedev por 2-6, 6-7 (5), 6-4, 6-4 e 7-5, en cinco horas e 25 minutos de partido. Nadal, aos seus 35 anos, deu a volta a un partido practicamente perdido para levantar, por segunda vez, o trofeo en Australia e desfacer o empate histórico co serbio Novak Djokovic e o suízo Roger Federer, que tamén gañaran vinte «grandes» cada un. O tenista español non decaeu a pesar de ceder as dúas primeiras mangas ao seu rival, número dous do mundo e que disputaba a súa segunda final no Melbourne Park. Despois de case seis meses apartado do circuíto por lesión e 476 días despois de gañar o seu último Roland Garros, Nadal conseguiu elevar a súa colleita de títulos a vinte e un, máis que ninguén na historia deste deporte.