Nadia Calviño elixida nova presidenta do Banco Europeo de Investimentos

A vicepresidenta primeira do Goberno de España, Nadia Calviño, logrou os apoios suficientes para facerse coa presidencia do Banco Europeo de Investimentos (BEI) tras case catro meses de pelexa na que os grandes países, entre eles Francia, fixéronlle esperar máis do que inicialmente se previu. Os ministros de Economía da UE déronlle este venres o respaldo suficiente (18 estados membros que representan o 68% do capital do banco público), aínda que a ratificación formal terá que esperar. O ministro de Finanzas belga, Peter Van Peteghem, que é a quen corresponde pilotar o proceso como presidente rotatorio dos gobernadores do BEI, foi o encargado de anunciar o “consenso” ao redor da candidatura de Calviño. Agora a Xunta de Gobernadores da institución terá que ratificar a decisión. O proceso atragoouse pola concorrencia de cinco candidatos, entre elas a comisaria de Competencia, Margrethe Vestager, que era a principal rival de Calviño, polo que lograr a maioría suficiente complicouse.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha