Nadia Calviño perde a votación para ser presidenta do Eurogrupo

A pesar de que Calviño estaba considerada como a favorita e contaba co apoio das tres maiores economías da moeda común (Alemaña, Francia e Italia), finalmente foi superada polo seu colega irlandés, Paschal Donohoe, quen asumirá o posto o vindeiro luns 13 de xullo e manterao durante os próximos dous anos e medio, ata decembro de 2022. Converterase así no cuarto presidente do Eurogrupo, un organismo informal creado en 1998 e con presidencias fixas desde que Jean-Claude Juncker asumira o cargo en 2005. O luxemburgués foi sucedido máis tarde polo holandés Jeroen Dijsselbloem (2013-2018) e o portugués Mário Centeno (2018-2020).