Narón en nivel vermello de alerta por coronavirus

Narón súmase á listaxe de concellos galegos que están en nivel máximo de alerta por coronavirus. O último informe publicado polo Sergas recolle que a localidade, que ten menos de cincuenta mil habitantes, superou os 21 contaxios nos últimos sete días. O próximo martes reunirase o comité clínico de expertos, que decidrá se se establecen restricións adicionais neste e nos outros oito concellos galegos que están en nivel vermello de alerta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha