Narón podería depositar os biorresiduos na planta que Sogama ten neste Concello

1 minutes read

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladoulle á alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, que o seu departamento analizará a posibilidade de que os biorresiduos que se xeren neste Concello se poidan depositar nas instalacións que Sogama ten neste municipio.

Coas obras levadas a cabo nesta planta mellorarase o servizo que se ofrece desde Narón aos concellos da contorna, que se completará coa construción dunha nova tolva, co fin de transvasar os biorresiduos do quinto contedor desde os camións de recollida municipal a contedores de maior capacidade, para así trasladados ao Complexo medio ambiental de Sogama en Cerceda, onde serán tratados.

O Concello de Narón está adscrito ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, polo cal xa se lle entregaron 25 compostadores.