Natación | 32 medallas e 13 récords da AD Fogar no Galego Júnior e Absoluto


Vinte nadadores-as da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte en Ourense no Campionato Galego Júnior e Absoluto de Verán disputado na Piscina Minicipal Rosario Dueñas; onde conseguían unha moi boa actuación. No referente ás clasificacións por equipos, na categoría júnior foron Subcampións Galegos conxuntos sumando tamén o Subcampionato masculino e a 3ª praza feminina; mentres que na categoría absoluta remataban 6º conxuntos, 5º masculinos e 10ª femininas.

Acadaban ademais 32 medallas, 10 delas de ouro, outras 16 de prata e 6 de bronce e batían 13 das mellores marcas do club. No que as mellores marcas do club se refire, Carla Jiménez (6) batía os récords absolutos e de 16 anos nos 50, 100 e 200 braza, Nana Suárez (2) batía as mellores marcas dos 17 anos nos 50 costas e libres, Carlos Abeleira (2) batía os absolutos de 50 e 100 costas, Yoel Suárez (1) o de 100 braza absoluto e Carlos Souto (1) o de 50 braza absoluto. Ademais a substitucións masculinas dos 4×50 estilos melloraba tamén o anterior rexistro absoluto.