Este sábado 26 de febreiro a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 3ª Xornada da Liga Galega de Promesas en horario de tarde (16:00 horas). A competición levaráse a cabo coa presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido acreditado, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Desta volta o equipo de promesas da AD.Fogar conformarano 34 nadadores-as, das cales 4 pertencen á categoría feminina e os 30 restantes á masculina. O programa de probas desta segunda rolda inclúe os 25 metros pes braza con táboa, os 25 e 50 metros braza e os 50 metros libres nas categorías feminina e masculina.
23