Natación | Ferrol acolle o domingo a 4ª Xornada da Liga Galega Máster


Este domingo 18 de abril a Piscina Municipal Javier Gómez Noya do barrio ferrolán de Caranza, acollerá a 4ª xornada da Liga Galega Máster no seu Grupo Norte. Logo da terceira xornada desputada en Carballo, nadadores e nadadoras da ADFogar marchan 5º na clasificación masculina, 4ª na feminina e 4º tamén na conxunta de 22 equipos. Precisamente en Carballo, Manuel Verdes (cat +20 anos) batía a mellor marca galega e do club nos 50 costas e as mellores marcas do club nos 50 e 100 bolboreta e nos 400 estilos. Batían tamén as mellores marcas do club, Pablo Balsa (+25 anos) nos 400 estilos; Elisa Pichel (+35 anos) nos 100 bolboreta e Josué Pantoja (+40 anos), María Rodríguez (+45 anos) e Isabel Pereira (+60 anos) nos 50 libres. Nesta cuarta rolda tomarán parte 8 nadadoras-es, das cales 2 pertencen á categoría feminina e os 6 restantes á masculina. O programa da xornada inclúe as probas dos 50 metros braza e bolboreta, os 100 metros libres e costas e os 200 metros estilos.