O deportista da AD Fogar Carballo e Oleiros, Jorge Souto, de 15 anos, representaba á entidade no Campionato de España de Natación Infantil de Verán, celebrado a pasada fin de semana, no Centro Deportivo Municipal de «Las Norias» da localidade de Logroño. O torneo nacional contou con concurso de 222 clubs e 895 nadadores-as, 513 da categoría feminina e 382 da masculina. Na xornada do venres Jorge abría campionato na proba dos 400 metros estilos onde remataba 30º cunha marca de 5:13.89 e a seis segundos do seu mellor nivel. O sábado foi sen dúbida o seu mellor día, 30º posto nos 200 braza cunha mellor marca persoal de 2:44.92 e 38º nos 200 costas tamén cun mellor rexistro persoal de 2:25.09. Na matinal do domingo Jorge pechaba o seu concurso nacional nadando os 200 estilos en 2:28.53 para ser 48º a catro segundos da súa mellor marca.
31