Natación | O Club Sysca terminou terceiro no campionato galego máster

2 minutes read

O Club Sysca logrou alcanzar o podio e terminar nunha meritoria terceira posición no campionato galego da categoría máster, celebrado na piscina Antía García Silva, na localidade de Caldas de Reis. Grazas a un gran traballo de todos os deportistas ao longo da xornada do sábado, o club logrou finalizar a competición entre os tres mellores equipos de Galicia. O conxunto carballés finalizou segundo na categoría feminina, mentres que terminou cuarto na masculina, o que lle serviu para terminar terceiro na clasificación xeral.
O Sysca viaxou ata Caldas de Reis cunha expedición formada por 10 deportistas: Adela Viaño, Sandra Puga, Marta Alcoba, Diego López, Elena Alcoba, Robert Cerviño, Jose Martínez, Moisés Periscal, África Alberti e Luz Ronsel Vanegas.
A nivel individual, na categoría feminina, destacou a gran participación de Adela Viaño, quen logrou vencer en todas as probas individuais na categoría máster de entre 40 e 49 anos. Tamén tiveron unha excelente actuación África Alberti, con dous bronces e unha prata na súa marcadora; Marta Alcoba, cunha prata e un bronce; e Sandra Puga, que tamén logrou unha medalla de bronce. Ademais, na categoría de entre 50 e 59 anos, Elena Alcoba tamén logrou subirse ao podio ata en catro ocasiones, sumando en total dun bronce, dúas pratas e un ouro.
En canto aos homes, destacan as dúas medallas individuais de Diego López, cun bronce e un ouro, tras proclamarse campión na proba 50 metros remolque de maniquí. Tamén foi capaz de terminar entre os cinco mellores nun par de probas máis, do mesmo xeito que Robert Cerviño.
Xa nas probas de substitucións, o Sysca tamén conseguiu uns resultados excelentes. O combinado feminino terminou a súa participación cun bronce e dous ouros, logrando vencer nas probas 4×50 natación con obstáculos e 4×25 remolque de maniquí. Pola súa banda, o equipo masculino tamén terminou entre os tres primeiros en varias probas, sumando un total de tres medallas, as cuales foron dúas pratas e un bronce.
A competición non dá un respiro ao club carballés, xa que este domingo 2 de abril terá lugar a xornada final da liga absoluta, que se celebrará na piscina Rosario Donas, en Ourense.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?