Naturgy avisa de cortes de luz en Carballo os días 16 e 18 de marzo


A empresa Naturgy anuncia novos cortes de luz que afectarán a distintas rúas de carballo con motivo dos labores de mantemento da rede. As interrupcións do subministro programadas son as seguintes:

  • Día 16: de 00:30 a 03:00 horas, Avenida da Cristina, Lirios, Fiúnchos, Luís Calvo, Mimosas, Pan, Perú, Praza da Cruz Vermella, Poñente, Salgueiro, Tomiño, Xasmíns e Xestas; de 03:00 a 07:00 horas, rúas Desiderio Varela, Hórreo, Igrexa, Martín Herrera, San Pedro e Praza de Galicia.
  • Día 18: de 00:00 a 01:30 horas, rúas Madeira e Volframio; de 01:30 a 03:00, rúas Cobre e Volframio; de 03:00 a 07:00, rúa Volframio.