Naturgy interromperá este venres o servizo eléctrico en varias rúas de Cerceda

1 minutes read

A empresa enerxética UFD Distribución Electricidade, do grupo Naturgy, informou ao concello de Cerceda de que interromperá o servizo de subministro de electricidade o vindeiro venres 8 de abril co fin de levar a cabo unha actuación de mellora da infraestrutura enerxética en todo o municipio.

O corte do subministro terá lugar de 2.00 ás 6.00 da mañá e afectará concretamente as rúasAvda. Mesón, nos números 1,7,13,15,16,20,26,29 á 32, 18/ 35 á 39,44,48,50,61; Constitución, números 6 e 25; Coto, 2,3; José Pena, 1, 4,5,8,31,33; e Saúde, no número 3.

O Concello de Cerceda solicitoulle á empresa que informe aos seus clientes e que o venres pola mañá restableza de novo o servizo.

Os veciños e veciñas destas rúas afectadas polo corte enerxético e que teñan dúbidas ao respecto poderán dirixirse ao teléfono facilitado pola compañía: 900 333 999.