41
- Os traballadores acusan a Xunta que, «como se está a ver noutras empresas e sectores, mira cara a outro lado en vez de poñer enriba da mesa as medidas necesarias para frear este tipo de estratexias empresariais».
En breve, os usuarios de Naturgy deixarán de ser atendidos por teléfono desde Galicia e en galego no caso de que chamen por calquera causa a atención ao cliente. Contestaranlles desde Reus (Catalunya) ou Colombia, segundo denuncia o comité de empresa de Unitono, en Ourense, desde onde 130 persoas prestan este servizo que será «deslocalizado» o vindeiro 15 de novembro. Será un novo desmantelamento no sector do telemárketing, con fonda implantación en Galicia e cada vez con máis empresas ameazadas por deslocalizacións como as denunciadas en Naturgy ou en R. A eléctrica xa rescindiu o pasado agosto o seu contrato con Teleperformance, na Coruña, onde só mantén un pequeno servizo para atender as averías relacionados co gas.