Naturgy xa conta co permiso para desmontar A Medusa da Coruña

1 minutes read

Este mércores Naturgy recibiu do Concello da Coruña a licenza que solicitou para comezar cos labores de desmontaxe da Medusa, onde durante anos se realizaron as descargas de carbón e cereais para protexer os barrios máis próximos, porque anteriormente realizábanse a ceo aberto.

Tiña un ano para facelo, despois de que a central térmica de Meirama a deixara sen uso en xuño de 2020. O certo é que leva 15 anos no peirao do Centenario e xa forma parte do skyline coruñés, por iso moitas voces levan tempo pedindo que se conserve.

A empresa aínda non ten unha decisión tomada, pero a compañía elécrica terá que investir un millón de euros para a súa desmontaxe.