Alexéi Navalni, o principal opositor ao presidente ruso Vladímir Putin, foi condenado a tres anos e medio de prisión. A sentenza prodúcese tras as acusacións de que Navalni violou a liberdade condicionada dunha sentenza suspendida por unha condena de branqueo de diñeiro de 2014 cando foi a Alemaña para recuperarse dun envelenamento. O activista, de 44 anos foi detido cando tentaba regresar a Moscova desde Berlín o 17 de xaneiro. Nunhas declaracións dixo que “Putin pasará á Historia como envenenador” e asegurou que o Kremlin encarcéralle para intimidar á multitude. Ademais, Navalni culpa ao Kremlin do ataque con Novichok que case lle custou a vida e que as autoridades rusas negan. Navalni acusa a Putin de tentar “intimidar a millóns de persoas” enviándoo a prisión. Unha vintena de enviados estranxeiros asistiron á audiencia no Tribunal da cidade de Moscova. Mentres se lía a orde de emprisionamento, Navalni sinalou á súa esposa Yulia na sala do tribunal e trazou o contorno dun corazón nunha gaiola de vidro onde estaba detido. O activista de 44 anos, dixo que o presidente Putin pasará á Historia como envenenador e declarou: “O máis destacable desta audiencia non é como termina para min, se me encarcerarán ou non. Non é tan difícil encarcerarme por este ou outro cargo. O obxectivo desa audiencia é intimidar e meter medo a moita xente. Así funciona encarceras a un, para asustar a millóns “.
24