- A inscrición terá que facerse a través da páxina web, e poderán presentarse universitarios e estudantes que cursaron FP ou Bacharelato
Este luns a empresa naval pública Navantia abriu o prazo de inscrición para o proceso de selección de varios postos de traballo. A persoa que desexe apuntarse deberá facelo a través da súa páxina web.
Navantia ten previsto cubrir 127 prazas, onde 42 serán para a área de enxeñería, produción, enxeñería de produción e planificación, compras, planificación, calidade, mantemento e servizos; mentres que os 85 restantes serán para cubrir postos como axustador- montador, electricista, fresador- mandrinador, armador e manobra, pintor, delineante, técnico de oficina, carpinteiro de gálibos, técnico de laboratorio, técnico de organización, inspector de materiais, verificador e administrativo.
Para presentarse a algunha das 42 vacantes, é necesario estar en posesión dun grao ou máster universitarios, ademais de achegar experiencia laboral e ter polo menos un nivel B2 en inglés.
As persoas que se presenten a calquera das outras 85 prazas, deberán acreditar un título de FP ou Bacharelato tendo en conta a especialidade á que se presentan, e tamén deberán posuír experiencia laboral.
O prazo presentación da solicitude finalizará o 20 de setembro.