Navantia poñerá en marcha un plan de emprego para incorporar a 1.500 persoas

O presidente do Goberno, Pedro Sanchez, anunciou o plan de emprego para Navantia, destacou o carácter estratéxico do sector naval e incidiu en que «se vai a garantir a actividade e a carga de traballo en todos os centros».

Pola súa banda, a ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero resaltou que, a pesar do difícil contexto internacional, Navantia soubo aproveitar as xanelas de oportunidade que se abrían en relación aos cambios profundos que veñen da man da dixitalización e da necesidade de avanzar nunha economía circular e verde. Desta forma, a ministra explicou que a compañía soubo situarse como «unha empresa punteira, referente en moitos aspectos no mercado naval, cunha liña de negocio moi potente e diversificada».

Neste sentido, Navantia está a ultimar o seu Plan Estratéxico 2023-2027, co nome Horizonte 5.0, que reforzará a senda de transformación dixital e sostible iniciada no Plan emprendido en 2018.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha