Necesidade de mover seis millóns de vacinas antes de que caduquen


Con máis do 75% da poboación con pauta completa da vacina contra o coronavirus, o ritmo de inoculación de viais freouse de forma notable nas últimas semanas, o que deu paso a un novo problema: as doses acumúlanse nos centros de almacenaxe co risco de que caduquen. España chegou a administrar máis de catro millóns de doses a primeira semana de xullo, case catro veces máis que a pasada semana, en boa parte porque cada vez hai menos persoas ás que vacinar: o 85% da poboación maior de 12 anos ten xa a pauta completa e o 88,8% polo menos unha dose e por baixo desa franxa non se prevé polo momento a inmunización. As comunidades autónomas teñen uns seis millóns de vacinas sen inocular e polo menos dúas delas, Cataluña e Comunidade Valenciana, recoñeceron que se lles caducaron dose que se desconxelaron en función das previsións e non se administraron por falta de pacientes.