Poderán abrir os comercios de menos de 400 metros cadrados, igual que na Fase 0, pero xa non será necesaria a cita previa nin a atención individual. As tendas permitirán a entrada de clientes ata un máximo do 30% do seu aforo, será necesario manter unha distancia de seguridade mínima de dous metros e deberase establecer un horario de atención preferente a maiores. Ademais, os comerciantes terán que desinfectar dúas veces ao día o local. Non abrirán por tanto as tendas de máis de 400 metros cadrados nin centros comerciais polo menos ata o 25 de maio, o que provocou queixas. Si haberá excepcións, como os concesionarios e os centros de Inspección Técnica de Vehículos (ITV), os centros de xardinería e viveiros, con cita previa. Poderanse abrir mercados ao aire libre, cunha limitación ao 25% dos postos habituais e afluencia inferior a un terzo do aforo habitual.
Pódese abrir as terrazas, pero só se poderá ocupar o 50% das mesas. Terá que haber unha distancia mínima de dous metros entre as mesas e os grupos de clientes non superarán as dez persoas. Haberá que desinfectar as mesas entre clientes, e non se poderán utilizar cartas nin servilleteiros.
Hoteis e establecementos turísticos poderán reabrir con zonas comúns pechadas, e poderase facer turismo na natureza. Con todo, o sector hostaleiro non prevé abrir na Fase 1, o que se espera só para cando se entre na denominada nova normalidade, probablemente a partir do 22 de xuño. Desde o sector afirman que, Hoteis e Aloxamentos Turísticos, practicamente con seguridade, non abrirán porque non hai posibilidade de mobilidade xeográfica e de ter clientes.
Apertura de colexios e universidades para a súa desinfección. Abren laboratorios universitarios e entidades de investigación. Permítense congresos e eventos cun máximo de 30 asistentes. Bibliotecas e museos poderán restablecer o servizo con restricións. Apertura de locais para actos culturais, que non poderán reunir en lugares pechados máis de 30 persoas e, ao aire libre, de 200 persoas.
A afluencia de fieis a lugares de culto está permitida cun terzo do aforo. Poderase ir a velorios e enterros un máximo de 15 persoas.
Abren os ximnasios e instalacións deportivas se son ao aire libre e as actividades non implican contacto físico. Poderanse realizar actividades deportivas individuais con previa cita en centros que non impliquen contacto físico. Reapertura dos Centros de Alto Rendemento e deportivos para a práctica individual e o adestramento medio en ligas profesionais.