Negreira e A Baña contan cunha nova furgoneta eco para uso compartido


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega dunha furgoneta solicitada de maneira conxunta polos concellos de Negreira e A Baña, que contou cunha axuda duns 25.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental, onde destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos para que poidan prestar servizos de calidade á cidadanía.

Tal e como reflicte a solicitude feita por ambas entidades, esta adquisición mellorará a eficacia e eficiencia no que respecta aos servizos que comparten ambos concellos, como son a iluminación pública e o lixo. Ademais este uso compartido suporá una aforro, xa que tanto o custe de inversión como o mantemento será soportado entre ambos concellos, o cal supón un gran exemplo do bo uso da xestion compartida entre administracións. Este vehículo financiado co apoio do Goberno galego é máis eficiente e menos contaminante, o que supón unha mellora de eficiencia enerxética e a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.