Negreira | Máis de 5 km de sendas para mellorar a seguridade peonil no Camiño


O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, acompañados dos deputados José Manuel Pequeño e Blas García e de técnicos do servizo de Vías e Obras visitaron o máis importante dos proxectos que a institución provincial está a acometer para mellorar a seguridade peonil das estradas provinciais que discorren no Camiño a Fisterra.
En Negreira, a Deputación está executando un importante proxecto, cun investimento superior aos 800.000 euros, para a construción de catro novos tramos de sendas ao longo da estrada DP 5603 de Negreira a Marco do Cornado.