20
O Concello de Negreira investirá 187.741,51 do Plan Único (POS+2019) da Deputación da Coruña na renovación do firme das avenidas Barcala e As Brañas, no centro urbano do municipio.
As obras, en fase de licitación ata o vindeiro 5 de outubro, permitirán renovar o firme actualmente deteriorado destas céntricas rúas cunha capa de aglomerado en quente de 6 cm de espesor e rego de adherencia, o que mellorará a seguridade do tráfico.
Ademáis da renovación do pavimento, o proxecto incluirá o pintado das marcas viais e cebreados e a renovación da sinalización horizontal e vertical.