72
Os nenos e nenas da escola infantil municipal de Cabana de Bergantiños completaron unha recollida de alimentos non perecedoiros a prol das persoas máis necesitadas dando deste xeito mostra da súa solidariedade. Todos os produtos doados foron entregados ao persoal de Cáritas Cabana para que poidan ser postos a disposición daquelas persoas que os precisen. Desde o goberno local queren agradecer o “altruísmo tanto do persoal docente como do alumnado e as súas familias”.