Son os nenos das escolas do CRA, que fixeron na mañá deste venres unha visita ao mercado. Percorreron os postos, compraron pan de ovo e merendaron na planta alta. Visitounos o concelleiro de Feiras e Mercados, Juan Seoane. Tamén aproveitaron para xogar no parque e dar un paseo por Carballo.