Néstor Rego exixe ao Goberno que impida o espolio de bens no Pazo de Meirás


O Bloque Nacionalista Galego reclama ao Goberno do Estado que tome as medidas necesarias para evitar o espolio do Pazo de Meirás tras se coñecer o auto da Audiencia Provincial da Coruña que recoñece aos Franco que poden retirar os móbeis e obxectos que se encontran dentro del. O deputado nacionalista exixe que a Avogacía do Estado solicite unha nova medida cautelar e garanta a permanencia dos bens mobles dentro do inmoble xa que se trata dun conxunto patrimonial histórico-artístico.