Néstor Rego reúnese co sector do transporte


O deputado del BNG Néstor Rego reuniuse con diversas asociacións de transportistas, tanto de empresas de transportes de viaxeiros como de mercadorías, para presentarlles o acordo de investidura alcanzado polo BNG, mais sobre todo, o que ten que ver coas peaxes da AP-9.

Rego destacou que “A AP-9 é unha vía central no que é o eixo fundamental de desenvolvemento económico do país, que é o eixo atlántico”. “Que os custos asociados á utilización desta vía de alta capacidade, supón un incremento dos custos para moitas empresas, sexan de distribución como de produción, afectando negativamente á competitividade.”

Néstor Rego lembra que o acordo inclúe incorporar a AP-9 aos esquemas de bonificación das autoestradas que teñen concesións de longa duración. E como mínimo aplicarase unha bonificación do 100% para usuarios e usuarias recorrentes que empreguen a autoestrada como mínimo dúas veces ao día, todos os días da semana e para todo tipo de usuarios e usuarias, profesionais e particulares. En segundo lugar, o Estado farase cargo ao longo da lexislatura do importe dos convenios asinados polo PSOE e PP nos anos 2011 e 2013, no que se realizaron obras de ampliación.