Netanyahu reafirma que ‘haberá intervención terrestre’ en Gaza

O primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, reafirmou este mércores que «haberá intervención terrestre en Gaza» e que «se traballa contra reloxo» nos preparativos para destruír ao grupo islamita palestino Hamás, autor dos ataques contra Israel do pasado día 7 de outubro, con 1.400 mortos e máis de 200 secuestrados. En represalia aos ataques de Hamás do día 7, o Exército israelí leva bombardeando a diario a Franxa desde esa data e causou xa máis de 6.500 falecidos. Netanyahu lembrou que Israel matou a «miles de terroristas» e que esto é só o comezo, xa que se están preparando para unha ofensiva terrestre.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha