Netflix lanzou unha nova web

1 minutes read

Netflix trata de ser máis transparente en canto á súa audiencia e lanzou unha nova web con información de interese. Netflix está a realizar unha serie de cambios e mostra máis cales son os contidos de maior popularidade. Ademais, tamén cambiou o modo de medir a audiencia. Antes só se contaban os dous primeiros minutos que se viron de calquera contido e agora isto calcúlase en base aos minutos totais vistos. Noutro exercicio de transparencia, en Netflix lanzaron unha web que permite a calquera persoa coñecer que está a triunfar en todo o mundo, mesmo aos que non son subscritores da plataforma.

A compañía lanzou Netflix Top 10, unha páxina na que se pode comprobar cales son as series e películas que máis se están vendo, e faio con interesante información entre a que é recomendable navegar. Se na aplicación só aparece o máis popular no noso país, nesta web accédese a moita máis información: series en inglés máis populares, películas en inglés, series noutros idiomas, películas noutros idiomas… E logo tamén está a listaxe por países. Ao acceder aos distintos menús atópase información de interese como o numero de países nos que unha película é Top 10 ou que contido é líder en Estados Unidos, por exemplo, aínda que de momento non se lanzou en España.