37
A voz de alarma dérona veciños da zona da Praza de Vigo tras o merodeo desta muller de raza negra en aparente estado ebrio e cun coitelo na man en actitude ameazante, minutos antes das catro da tarde deste xoves. A coordinación policial entre corpos e forzas de seguridade da vila non foi posible neste caso, por falta de dispoñibilidade da patrulla da Garda Civil nese momento. En todo caso, dous axentes da Policía Local acudiron na súa procura en primeira instancia, chegando a localizar e interceptar á muller, de seguido tamén facía acto de presenza a oficial de servizo do corpo policial, o coitelo foille interceptado e instruidas as correspondentes dilixencias ante a autoridade competente.