NHdiario.es emitirá en directo un programa especial de TV en FullHD o 26M


Con motivo das eleccións municipais do 26 de maio, a plataforma NHdiário.es elaborará un programa especial de televisión en directo en calidade FullHD coa finalidade de ofrecer a todo o mundo que así o desexe a información máis destacada xurdida da cita electoral nas comarcas de Bergantiños, Soneira e resto da Costa da Morte. Un amplo equipo de colaboradores tentará transmitir en tempo real, un evento sen precedentes na zona, visible en todos os dispositivos fixos, móbiles e portables e cunha calidade 4 veces superior ao HD convencional.