nhdiario.es estará de mantemento durante a fin de semana


Un equipo de enxeñería informática -Data Plus Media- estará a traballar sen pausa na web nhdiario.es desde primeira hora do sábado 18 ata o luns día 20. Esta mesma semana xa se procedeu á inserción de datos aos servidores situados no centro de Europa, desde aí increméntase de forma considerable a velocidade de distribución de contidos de texto, audio e vídeo. Agora tócalle a quenda á adaptación aos novos sistemas de traballo de Google, News e Axencias asociadas. Ademais, dado o incremento da demanda de visitas simultaneas á páxina, esta regúlase para poder estar conectadas máis de 25.000 persoas ao mesmo tempo sen retardos de acceso. A información seguirá puntualmente activa as 24 horas en redes sociais.