Nicolás Maduro acusa a EE UU e á UE de «conspirar» contra Venezuela


Nicolás Maduro esixe o levantamento de todas as sancións internacionais impostas ao seu Goberno, as cales cualificou de «criminais» e «crueis». O mandatario venezolano interveu este mércores na Asemblea Xeral da ONU a través dun discurso gravado a distancia. O gobernante venezolano tamén pediu «todo o apoio das Nacións Unidas para que o proceso de diálogo» iniciado coa oposición en agosto pasado en México avance.

«Ratificamos o noso pedido, a nosa esixencia de que se levanten todas as sancións criminais contra a economía venezolana, contra a sociedade venezolana por parte dos Estados Unidos e por parte dos gobernos da Unión Europea», dixo Maduro.

No seu dicurso denunciou unha complicidade entre as elites de Estados Unidos e Europa para socavar a economía de Venezuela. Tal e como acusou un día antes ao presidente colombiano, Iván Duque, de conspirar contra o diálogo que sostén o seu Goberno coa oposición en México.