Nicolas Sarkozy, declarado culpable de financiamento ilegal da súa campaña de 2012

2 minutes read

O expresidente francés Nicolas Sarkozy foi considerado este xoves culpable de financiamento ilegal da súa campaña de 2012, sete meses despois de ser condenado por corrupción e tráfico de influencias. O Tribunal considerou que o xefe do Estado francés entre 2007 e 2012 beneficiouse dun sistema de dobre contabilidade posto en macha para poder superar os límites de gasto impostos pola lei francesa.

Este novo revés xudicial prodúcese sete meses despois de que Sarkozy fose condenado en primeira instancia a tres anos de cárcere, dous deles exentos de cumprimento e o outro en arresto domiciliario, por corrupción e tráfico de influencias. Sarkozy, de 66 anos, que negou cometer ningún delito, non acudiu ao tribunal para enfrontarse á sentenza. Acusóuselle de gastar uns 22,5 millóns de euros -case o dobre do importe máximo legal- na súa campaña de reelección de 2012. Perdeu ante o socialista François Hollande.

Os fiscais cren que Sarkozy sabía semanas antes das eleccións que os seus gastos -estritamente limitados pola lei francesa- achegábanse ao máximo legal. Acúsanlle de ignorar dous notas dos seus contables advertindo sobre o tema do diñeiro. Solicitouse contra el un ano de prisión, con seis meses de suspensión.

Ademais do ex presidente, foron xulgadas outras 13 persoas, entre elas membros do seu partido, contables e responsables do grupo de comunicación encargado de organizar os mitins, Bygmalion. Enfróntanse a cargos como falsificación, abuso de confianza, fraude e complicidade no financiamento ilegal da campaña.

O ex dirixente francés tamén está a ser investigado polas acusacións de recibir diñeiro do ex líder libio Muammar Gadafi para financiar a súa exitosa campaña presidencial de 2007 e por tráfico de influencias nun caso relacionado coas súas actividades de asesoramento en Rusia. Este último pretende determinar se «participou en actividades de lobby potencialmente delituosas» en nome de oligarcas rusos.