A Xunta de Galicia notificou a resolución da liña de axudas posta en marcha a finais do pasado ano para financiar, cun investimento de máis de 327.000 euros, actuacións de mellora en establecementos de aloxamento turístico e restauración na provincia da Coruña que mobilizarán con todas as actuacións máis de 1,1 millón de euros.. Trátase dunha convocatoria que, como novidade, abriuse tamén para os restaurantes da que se van beneficiar nove hoteis en Padrón, Vilarmaior, Culleredo, Santiago, Oleiros, A Pobra do Caramiñal, Serra de Outes, Ribeira e Cedeira e doce restaurantes en Santiago, Betanzos, Noia, Boiro, A Coruña, Ribeira, Santa Comba, As Pontes e Ferrol.
Con esta achega, a Xunta contribuirá a financiar, entre outras actuacións, accións de mellora nos equipamentos e servizos dos negocios, buscando unha oferta de maior calidade para os propios galegos e os visitantes. Inclúense proxectos de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, melloras nas instalacións para obter certificacións de excelencia, actuacións de renovación e modernización das instalacións ou melloras na climatización.
En función do número de solicitudes recibidas, a liña consigna máis de155.000 euros para doce restaurantes que solicitaron a axuda e que cumprían cos requisitos. Pola súa parte, os nove establecementos de aloxamento contarán con algo máis de 171.000 euros dirixidos tanto a hoteis e pensións como a outras tipoloxías de aloxamentos tales como albergues, cámpings, entre outros. En total, son 21 os negocios da provincia da Coruña aos que lles notificou a resolución favorable.
| ALOXAMENTOS | |||
| COMARCA | CONCELLO | ESTABLECEMENTO | SUBVENCIÓN |
| SANTIAGO | PADRÓN | Hotel Rosalía | 7.508,97 |
| FERROL | VILARMAIOR | Alvarella Ecoturismo | 3.373,30 |
| A CORUÑA | CULLEREDO | Hotel Crunia | 23.729,13 |
| SANTIAGO | SANTIAGO | Hotel Congreso | 22.485,90 |
| A CORUÑA | OLEIROS | Aparthotel Attica 21 As Galeras | 8.119,50 |
| BARBANZA | POBRA DO CARAMIÑAL | Camping de Cabio | 23.609,26 |
| BARBANZA | SERRA DE OUTES | Casa de Roque | 6.863,46 |
| BARBANZA | RIBEIRA | Camping Coroso | 29.956,23 |
| FERROL | CEDEIRA | Hotel Herbeira | 29.986,59 |
| TOTAL | 155.632,34 | ||
| COMARCA | CONCELLO | ESTABLECEMENTO | SUBVENCIÓN |
| SANTIAGO | SANTIAGO | CRE·COTTÊ RESTAURANTE | 21.070,11 |
| A CORUÑA | BETANZOS | RESTAURANTE VEGA | 28.433,21 |
| BARBANZA | NOIA | A NOIESA RESTAURANTES SL | 19.387,91 |
| BARBANZA | BOIRO | RESTAURANTE CHICOLINO | 29.967,98 |
| SANTIAGO | SANTIAGO | BODEGUILLA DE SAN LAZARO | 3.719,70 |
| BARBANZA | BOIRO | RESTAURANTE FLORIDA | 27.635,40 |
| A CORUÑA | CORUÑA | RESTAURANTE A LA BRASA | 24.956,36 |
| BARBANZA | RIBEIRA | RESTAURANTE CASA HERMO | 3.305,00 |
| A CORUÑA | CORUÑA | ASADOR ATLANTICO | 1.735,54 |
| SANTIAGO | SANTA COMBA | RESTAURANTE MOLESÓN, S.L. | 9.965,20 |
| FERROL | AS PONTES | O XANTAR | 676,57 |
| FERROL | FERROL | RESTAURANTE MODESTO | 792,5 |
| TOTAL | 171.645,48 | ||
| TOTAL ALOXAMENTOS E RESTAURANTES | 327.277,82 |