Nivel máximo de restricións na Pobra, O Grove, Cualedro e Carballeda de Valdeorras


O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos da Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro e Carballeda de Valdeorras.

Así mesmo, o grupo de expertos tamén determinou o nivel alto de restricións en 9 concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Cortegada, O Barco de Valdeorras, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais do Irixo, A Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Carral, Muxía, As Pontes, Ortigueira, Cambados, Catoira, Cangas, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, As Neves, A Illa e Vilagarcía.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 19 de abril.