A tensión mantense en Níxer despois de que a Xunta Militar golpista acusase á Comunidade Económica dos Estados África Occidental (Cedeao) de planificar unha guerra contra o país, mentres o bloque rexional volveu convocar unha nova reunión tras o vencemento do ultimato que deu aos golpistas coa ameaza dunha acción militar. Este luns, a Cedeao convocou unha reunión extraordinaria para o próximo día 10 en Abuia (Nixeria) dos xefes de Estado do bloque tras o vencemento a pasada medianoite do ultimato dado á xunta nigerina para restablecer a orde constitucional. Mentres, a xunta nigerina reforzou o dispositivo de seguridade e militar no país e pechou o seu espazo aéreo. Washinton considera que aínda existe unha oportunidade para o diálogo en Níxer e sinalou que os seus diplomáticos manteñen o contacto cos líderes golpistas para pedirlles que abandonen o poder.
33