‘No Alzheimer, eu tamén son protagonista’ | Nova campaña de Afaber

1 minutes read

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños (Afaber), que preside Jesús Villar Antelo, en colaboarción coa Federación Alzheimer Galicia comeza a campaña para o Dia Mundial do Alzheimer co lema deste ano: “No Alzheimer, eu tamén son protagonista”. Para participar nesta campaña só é preciso gravar un vídeo en vertical, de máximo 10 segundos, coa frase do lema “no alzheimer, eu tamén son protagonista. 

E por outro lado, dende o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural de Fundación Mujeres, financiado pola Deputación da Coruña, levan a cabo, en colaboración con Afaber, uns talleres para mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares. Co obxectivo de favoecer os procesos de empoderamento persoal das mulleres coidadoras para lograr a súa participación social e laboral, así como o exercicio dos seus dereitos e dunha cidadanía activa. 

Impartirase os martes dende o 12 de setembro ata o 14 de novembro, de 10:30 a 12:30 horas, no Pazo da Cultura de Carballo (Rúa Pan, s/n). Para a inscrición, debes contactar con Afaber antes do martes 19 de setembro, no teléfono 981 75 85 45.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?