35
Club e xogadores chegaron a un acordo de redución salarial para evitar un ERTE, todos os xogadores comprométense a prorrogar os seus contratos máis aló do 30 de xuño para poder rematar a liga. En caso de que a competición non se retome, renunciarían a un 17,5% dos seus ingresos. E se hai liga pero se xoga a porta pechada, a redución salarial sería do 5%. Con este acordo evitan un ERTE que afectaría todos os empregados. Esta redución permitirá ao club amortecer o impacto económico das perdas derivadas do parón competitivo pola pandemia do coronavirus. Fai poucas datas falábase dun cálculo dunhas perdas para a entidade branquiazul de 2,1 millóns de euros se se xogase a porta pechada segundo LaLiga.