No DOG os actos expropiatorios para a construción do novo Hospital público da Coruña

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia fai pública a convocatoria, neste vindeiro mes de decembro, dos actos expropiatorios necesarios para levar a cabo a construción do Novo Hospital Público da Coruña. 

As expropiacións, que suporán un investimento de 17 millóns de euros, permitirán seguir avanzando neste proxecto declarado de interese autonómico que permitirá a execución do Novo CHUAC. 

Tal e como recolle o DOG deste mércores, o levantamento das actas previas á ocupación terá lugar os días 11, 12 e 13 de decembro, das 10,30 ás 12,50 horas, na sede provincial da Axencia Galega de Infraestruturas, na Coruña. Así mesmo, convocaranse os interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse esta información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231115/AnuncioG0181-081123-0001_gl.html 

Cómpre destacar que a consideración de Proxecto de Interese Autonómico (PIA) permite simplificar e darlle unha maior celeridade aos trámites necesarios para executar unhas obras que consolidarán a posición do complexo hospitalario coruñés como centro sanitario de referencia a nivel nacional. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?