Noa Sampedro Soto gaña o Concurso infantil de Postais de Nadal de Vimianzo

Este domingo coñecíase a postal gañadora do Concurso infantil de postais de Nadal de Vimianzo, que será empregada como imaxe do Concello para felicitar estas datas a todos os veciños e veciñas.

Noa Sampedro Soto conseguiu o galardón coa súa representación, unha proposta a modo de “graffiti” na que se poden visualizar algúns dos elementos máis característicos do municipio: o Castelo e o lume son protagonistas, pero tamén se ve o cepo de Nadal, un patín en homenaxe á pista de xeo, os agasallos e a bóla de Nadal…

Ademais, durante o acto fíxose tamén entrega dos premios aos gañadores de cada categoría.

As diferentes propostas presentadas poderanse ver na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura. A concelleira responsable desta área, Rosa Blanco, destacou “a ampla participación no concurso, que cada ano nos mostra o alto nivel creativo e artístico que temos en Vimianzo” e felicitou e agradeceu a todos os pequenos e pequenas pola súa participación.

Related posts

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila