A deportista Noelia Loureiro foi recibida polo alcalde da Laracha

1 minutes read

A larachesa Noelia Loureiro –acompañada pola súa nai- foi recibida no Concello polo alcalde, José Manuel López Varela, e as edís Patricia Bello e Rocío López, en recoñecemento aos seus brillantes resultados nos campionatos europeos de salvamento e socorrismo disputados a semana pasada na localidade italiana de Riccione.
Noelia, que representou ao Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL), proclamouse subcampioa europea junior nas probas de 100 metros socorrista e 100 metros rescate con aletas, logrando por tanto dúas medallas de prata.
Ademais, quedou 4ª clasificada en 100 metros combinada e 6ª en 200 metros supersocorrista.
López Varela felicitou a Noelia e mostroulle o seu orgullo porque unha veciña da Laracha, que compite co club local e adestra ao máximo nivel en instalacións municipais, estea entre as mellores de Europa na súa categoría. O rexedor tamén lle fixo entrega dun detalle institucional en nome da Corporación municipal.