Noia | A Asociación Misela recibe o cheque de 3.245 euros recaudados na V andaina solidaria


O Concello de Noia colaborou, un ano máis, na V Andaina Solidaria en favor da Asociación local Misela, unha organización de asistencia e servizos para persoas con discapacidade que recibiu esta semana o cheque por valor de 3.245 euros recadados nesta actividade organizada polo club de sendeirismo Trabandainas.

Ao acto de entrega, realizado no centro da Asociación Misela, acudiron o alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Deportes, Laura Salgado, así como a directiva do club organizador.

A ruta, que tivo lugar o pasado 9 de outubro, contou con récord de participación tras sumar un total de 541 persoas inscritas e máis de 400 participantes, así como o importe recadado de 3.245 euros superou o de todas as edición anteriores. Tras a entrega do cheque, a concelleira de Deportes, Laura Salgado, alegrouse “de poder poñer o noso gran de area como Concello neste fermosa iniciativa que sirve de moita axuda e de apoio a un colectivo moi necesitado”.