Noia acorda por unanimidade adxudicar o servizo de axuda no fogar

1 minutes read

O Pleno municipal do Concello de Noia, reunido en sesión ordinaria, acordou por unanimidade aprobar a proposta de adxudicación do contrato de Axuda no Fogar do Concello de Noia á empresa “Son a túa axuda SL” polo prezo de 20,7 euros por hora ordinaria e 22,29 euros por hora extraordiaria. O Pleno acordou que resulta a oferta máis vantaxosa de acordo coa baremación obtida no proceso de selección.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, explica que “procederemos a publicar o correspondente anuncio da adxudicación no perfil do contratante e trataremos de formalizar o contrato o máis pronto posible”. En todo caso, a devandita formalización terá lugar despois da publicación no BOP do acordo por un prazo de 15 días hábiles.

O importe orzamento básico de licitación é de 1.552.489,73 euros e o prazo de execución é dun ano, prorrogable por un segundo ano adicional.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?