Noia | Comezan as obras da rotonda de A Barquiña e da AC-550

Os traballos de construción da nova rotonda no cruce de A Barquiña coa estrada DP-5704 e de acondicionamento na travesía AC-550 en Noia son xa unha realidade. A actuación, financiada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cun orzamento de preto de 1,15 millóns, incluirá a construción dunha glorieta de 13 metros de radio para substituír a intersección actual no punto quilométrico 71+120, na estrada AC-550, de aceso ao porto de A Barquiña.

Do mesmo xeito, o proxecto tamén inclúe a renovación da capa de rodadura e das beirarrúas, desde a nova rotonda ata a alameda de Noia, implicando deste xeito a reordenación das marxes da estrada dotándoa dun itinerario peonil cun aparcadoiro correctamente dimensionado á marxe da estrada para garantir unhas condicións óptimas de estacionamento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha