Noia estrea “O Camiño esquecido”: un documental sobre o Camiño a Santiago pola Ría da Estrela

2 minutes read

A Asociación Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia organiza a estrea oficial de “O Camiño esquecido”, un documental que recolle as evidencias documentais e patrimoniais sobre a historia e o trazado deste camiño de peregrinación a Santiago de Compostela. Unha iniciativa na que colaboran a Xunta de Galicia, o Xacobeo 21-22 e o Xeodestino Ría de Muros Noia.

O gran estreo de “O Camiño esquecido” terá lugar o vindeiro mércores 3 de maio, ás 20:00 horas, no Coliseo Noela (Noia). A asistencia será de balde, se ben o número de prazas é limitado e será imprescindible reservar un convite persoal a través do mail comunicacion@riademurosnoia.com ou chamando ao teléfono 664 408 290.

O documental, dirixido e editado por Rafael Luís Méndez Peña sobre un guión de Ana Ponte, recolle como se foi recompilando a diversa documentación necesaria para xustificar a historicidade e delimitación do trazado do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia. Un traballo realizado polo arquitecto Marcial Rodríguez e os historiadores e arqueólogos Sofía Barqueiro e Mario César Vila, protagonistas da cinta e que estarán presentes no Coliseo Noela para contar en primeira persoa as súas impresións sobre este traballo.

Dende a Asociación Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia confirman que “O Camiño esquecido”, que porá de manifesto que toda a Ría de Muros Noia era un gran porto que ofrecía proximidade e seguridade ao peregrino na Idade Media, é tan só a primeira parte do proxecto. Nun futuro haberá unha segunda parte que incluirá os novos documentos que apareceron nos últimos tempos en diversas cidades europeas e que reforzan aínda máis a importancia desta ruta xacobea.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?