Noia presenta a campaña de Nadal ‘Noia, preto de ti’

A concelleira de Comercio, Laura Salgado, xunto coa presidenta de Noia Histórica, Alba Expósito, informaron dos detalles desta campaña centrada na decoración e animación de rúas.

Ademais, haberá un sorteo de 3.000 euros (15 vales de 200€) en vales de compra para incentivar as ventas no comercio local da vila e no que se bateu un récord de participación con 60 comercios adheridos.

Un Nadal cheo de actividades

Así, Noia vivirá un Nadal con diferentes actividades e para todos os públicos como un concurso de escaparates con 28 participantes; música nas rúas do casco histórico a través da megafonía; tren infantil o día 23 e 24 de decembro; un trineo photocall na praza do Curro; Belén animado de 40 m2 na igrexa Santa María A Nova; visita de Papá Noel o día de Noiteboa e, coma novidade este ano, o 4 de xaneiro habéra o conto teatralizado “O reino de Noia” polas rúas da vila, a cargo do artista Serafín Marcos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha