O Concello de Noia anunciou a súa cabalgata de Reis, a cal chegará o vindeiro xoves, 5 de xaneiro, a todas as parroquias do municipio, así como ao asilo e á residencia. A presentación da popular actividade tivo lugar este luns na casa consistorial e contou coa participación da concelleira de Deportes e Xuventude, Laura Salgado.
A visita das Súas Maxestades polas parroquias dará comezo ás 10.00 horas en Roo e percorrerá as demáis o longo da mañá. Ademais, tamén se inclúe unha visita ao asilo e residencia para que as persoas usuarias destes centros poidan compartir un momento de proximidade cos Reis.
Pola súa parte, o percorrido polo núcleo urbano de Noia dará comezo ás 18.00 horas coa saída da comitiva Real desde o campo de fútbol de San Lázaro, pasando posteriormente por República Argentina e Carreiriña, ata dar remate na Alameda. Finalmente, haberá unha recepción no claustro do Concello, onde a rapazada poderá compartir coas Súas Maxestades os seus desexos de última hora.