O prazo de presentación desta ruta solidaria en favor da organización local remata o vindeiro xoves, 6 de outubro, ás 23:59 horas.
O Concello de Noia participa, un ano máis, na V Andaina Solidaria en favor da Asociación local Misela, unha organización de asistencia e servizos para persoas con discapacidade. O acto de presentación, que tivo lugar este martes na sede do Concello, estivo presidido pola concelleira de Deportes, Laura Salgado, que animou “a toda a veciñanza que o desexe a participar e poñer o seu gran de area neste fermosa iniciativa que sirve de moita axuda e de apoio a un colectivo moi necesitado”.
Así, as persoas que queiran formar parte desta andaina poderán anotarse na web . A inscrición terá un custo de 5 euros que irán destinados á Asociación local.
A ruta terá lugar o vindeiro domingo, 9 de outubro, partindo ás 09:00 horas enfronte do Concello (alameda). A andaina, que terá un percorrido circular de 10 km, consta dunha dificultade media-baixa e será apta para todos os públicos. A organización do evento é a cargo da asociación Trabandainas, que puxo o mail clubtrabandainas@gmail.com e o teléfono 683 35 42 97 a disposición dos interesados para atender consultas.