Noia | Traballos de mellora e reparación no estadio municipal Julio Mato

O Concello de Noia segue traballando na posta a punto e mellora das instalación deportivas do municipio.

Así, durante estes últimos días, a brigada de obras do Concello está a realizar diversos traballos de mellora e reparación nos vestiarios ubicados baixo a grada do estadio Julio Mato “Matito”.

A actuación contempla a reparación de grietas, saneamento de humidades, acondicionamento do falso teito e pintando das dependencias que dan servizo aos clubes deportivos de fútbol e atletismo da vila.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha