Este ano non vimos cacharelas nas praias, unha imaxe insólita para un San Xoán en concellos como A Coruña ou Marín. Houbo fogueiras noutros lugares públicos. E os que asistiron tiveron que ir con máscara e alí gardar a distancia de seguridade coas demais persoas. Nalgúns lugares os hostaleiros poideron instalar asadores para sardiñas no exterior. O Concello da Coruña foi o que máis sufriu a cancelación dunha festa que alí está declarada de Interese Turístico Internacional. Este ano non houbo fogueiras multitudinarias nas praias, e houbo un gran dispositivo de vixilancia para evitar aglomeracións. Unha noite de San Xoán atípica a deste 2020, a Covid-19 estanos obrigando este ano a despregar moita imaxinación para celebrar o San Xoán sen que se produzan contaxios.
50